Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 1218
Clasificación Genérica 16.ACCESORIOS E ÚTILES DOMÉSTICOS; 16.ALIMENTOS; 16.Consumo
Objeto/Documento teteira
Materia/Soporte louza
Dimensiones Alto = 17,50 cm; Ancho = 25,50 cm
Descripción Xogo de teteira e 2 tazas.
Teteira: peza de base rectangular e corpo cuadrangular coas esquinas en chafrán todo o perímetro dóbrase, na parte superior, de xeito oblicuo e ten sobre estas paredes outro pequeno corpo cuadrangular coas esquinas en chafrán que fai as veces de colo e boca da teteira. Ten unha asa que parte da zona oblicua ata a parte baixa do corpo central onde ao pegarse da a volta. No extremo oposto da teteira ten o bico, que parte da metade do corpo central e vai pechándose o diámetro do mesmo a medida que sube paralelo ao corpo para xirar cara fóra ao final. Vai decorada con motivos estampados en negro. Na fronte e na parte posterior presenta o mesmo. Trátase dunha paisaxe co fondo montañoso, unha arquitectura palaciana ao fondo, e no primeiro plano un arco triunfal do que por medio de escalinatas descende unha parella, diante duns balaustres, e máis cerca aparece unha parella, tres figuras máis e un can. A asa vai cuberta todo ao longo dunha tira vexetal de ramas. O pitorro ten na parte baixa o motivo principal, con arquitecturas e vexetación.
Toda a parte oblicua da teteira está estampada con motivos negros con puntos e raias en miniatura, motivos florais e entre eles motivos arquitectónicos. A tapa ten forma trapezoidal coas esquinas en chafrán e a parte superior redondeada.
Cunca de té (2): Recipiente de base circular marcada, fai unha moldura cóncava e forma o corpo da peza que ten tamén base circular cuxas paredes non son lisas, aínda que da como resultado un perfil circular da peza, forman coma unhas pequenas arestas que dan como resultado 12 caras. Decoración estampada en cor negra con motivos arquitectónicos, montañas, un río pequeno, un barco de vela, e en primeiro plano vexetación e dúas figuras, unha sentada e outra de pe. Pertence a serie «otomanos».
Uso/función Recipiente no que se prepara e sirve unha infusión.
Lugar de Procedencia Sargadelos
Clasificación Razonada Real Fábrica de Sargadelos
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6